✨ Para concellos, protectoras e centros de acollida

Xestión fácil e humana.

O centro de acollida e as colonias felinas do teu concello, baixo control: os informes oficiais saen feitos e cada concello consulta os seus, xestióneo quen o xestione.

¡Xestión Integral!

Todo o que o teu centro necesita, nun só lugar

En moitos centros de protección animal, a información atópase dispersa en follas de cálculo ou documentos que só unha persoa pode consultar, o que provoca erros, perda de datos e procesos lentos.

Con Kobijo, todo cambia.

A plataforma centraliza e organiza toda a información do refuxio —desde o historial médico de cada animal ata as súas adopcións, custodias temporais ou fotografías—, permitindo que todo o equipo traballe de forma coordinada e segura desde calquera dispositivo.

Características principais

Deseñado para adaptarse a ti

Xestión integral

Administra historial médico, movementos, adopcións, custodias e licenzas PPP de xeito centralizado.

Modelos editables

Contratos de adopción, informes, fichas de ingreso e protocolos adaptables ao instante.

Seguridade total

Na nosa nube, con copias de seguridade redundantes e 30 días de histórico. E os datos persoais, cifrados.

Multiusuario

Traballo coordinado en equipo con control de roles e actualización de cambios en tempo real.

100% adaptable

Acceso multidispositivo garantido. Usa o sistema desde o teu PC, tableta ou móbil en varios idiomas.

Informes avanzados

Xera informes detallados e exporta todos os listados a Excel/CSV cun só clic.

Xestión do centro de protección animal

O centro enteiro, non só a lista de animais

De programas para colonias felinas está o mercado cheo. De programas que leven un centro de protección animal enteiro —entradas e saídas, adopcións, custodias, veterinaria, medicación e os informes que hai que presentar— hai moi pouco. Kobijo naceu para o segundo.

«Onde está este animal agora mesmo?»

No seu box, coa súa ficha e o seu último movemento ao lado. Sen preguntarlle a ninguén nin baixar a mirar.

«Como entrou e quen o recolleu?»

Captura, entrega, renuncia ou doazón: cada entrada coa súa data, o seu concello de orixe e a persoa que a rexistrou.

«Está en custodia? Ata cando?»

As custodias temporais levan a súa data de fin prevista, así que o prazo vese vir en vez de pasarse.

«Que se lle puxo, e de que lote?»

O historial veterinario garda cada actuación co seu produto, a súa dose e o seu número de lote. Os antibióticos tamén.

«Quen o adoptou e cando?»

Adopcións, devolucións ao propietario, renuncias e traslados, cada unha cos datos de quen o levou.

«Interveu a policía ou sanidade?»

Queda marcado no propio movemento, xunto coas notificacións ao concello e ao propietario.

E de aí saen os informes, sen volver escribir nada

O que se rexistra no día a día é o que enche o parte trimestral, a memoria anual e o censo. Non hai un segundo traballo ao final do trimestre: o traballo xa está feito.

O panel do centro: ocupación, entradas e saídas por tipo, estancia media e reparto por concello.
Dunha ollada

O que pasa no centro, nunha pantalla

O panel non é un adorno: é de onde sae a resposta cando nun pleno, nunha memoria ou por teléfono preguntan cantos animais hai, cantos entraron este trimestre ou de que concello veñen.

✓ Ocupación e prazas libres, agora mesmo.

✓ Entradas e saídas por tipo, co período anterior ao lado para comparar.

✓ Estancia media: canto tarda de verdade un animal en saír.

✓ O reparto por concello, que é o que cada concello quere ver do seu.

✓ E os prazos legais: cantos en trámite, cantos listos para adoptar e cantos requiren intervención.

✓ En colonias, o mapa de calor: cada unha cambia de cor segundo as incidencias que teña abertas, así que o problema vese antes de que cho conten.

Xestión de Colonias Felinas

Control e seguimento ético de colonias mediante xeolocalización e censos. Mapea as túas colonias e xestiona alimentadores.

Mapas Interactivos

Visualiza todas as túas colonias nun mapa interactivo en tempo real.

Censo de Alimentadores

Base de datos de colaboradores con permisos e carnés dixitais.

Campañas e Saúde

Xestión de CES/CER, desparasitacións e control sanitario.

Os alimentadores, autorizados e con cada paso documentado

Quen alimenta unha colonia faino co respaldo do centro, e o que fai queda rexistrado. O día que chegue unha reclamación dun veciño, a resposta non é o que alguén lembre: é o que está gardado.

✓ Carné dixital coa súa foto, o seu DNI e a súa data de caducidade, que calquera pode verificar co móbil escaneando un código.

✓ Cada visita á colonia fíchase dende o móbil: queda quen foi, a que colonia e cando.

✓ As incidencias avísanse con foto, data e colonia, e no centro vense ao momento.

✓ As inspeccións péchanse coa súa acta, os seus documentos anexos e a revisita comprometida.

Tecnoloxía deseñada para as persoas

App e Carné Virtual

Os teus colaboradores levan o seu carné dixital no móbil. Poden fichar, reportar incidencias e subir fotos en segundos.

Mapa de Calor Público

Fomenta a transparencia. Comparte un mapa interactivo (anonimizado) na túa web para mostrar a xestión ética á cidadanía.

Altas Automáticas

Esquece imprimir carnés. O sistema xera os permisos automaticamente e ti só validas as solicitudes.

O mapa usa OpenStreetMap, un servizo externo. Cárgase cando aceptas as cookies funcionais.

Tecnoloxía ao servizo do benestar felino

A nosa plataforma permíteche ter unha visión global da situación das colonias no teu municipio. Detecta puntos conflitivos, planifica campañas de esterilización e colabora coas autoridades de forma eficiente.

Gatos de colonia
Colonias felinas e normativa

O que a lei encarga ao concello, rexistrado e acreditable

A Lei 7/2023 de protección dos dereitos e o benestar dos animais pon en mans das entidades locais o censo das colonias, o método CER, o plan sanitario e a acreditación de quen as coida. Kobijo é onde todo iso queda escrito e se pode amosar.

✓

Censo e identificación

Cada gato coa súa ficha, o seu chip e a súa foto. Cada colonia, co seu número de rexistro oficial e o seu sitio no mapa.

✓

Método CER

Captura, esterilización e retorno: o estado de cada gato e a súa esterilización, colonia a colonia.

✓

Plan sanitario coa súa proba

Vacinacións, desparasitacións e esterilizacións coa súa data, o seu lote e a próxima cita, e o veterinario que as fixo.

✓

Persoas coidadoras acreditadas

Carné con foto, DNI e caducidade, que se verifica dende fóra co móbil: quen pregunte, compróbao alí mesmo.

✓

Protocolo ante incidencias

Do móbil de quen coida a colonia ao centro, con foto e data, e co seu seguimento ata que se pecha.

✓

E o papel, cando toca

Actas de inspección cos seus documentos anexos e a revisita comprometida, listas para acompañar un informe técnico.

A pantalla do alimentador no móbil: fichar a alimentación e avisar dunha incidencia. O carné do alimentador no móbil, co seu código de verificación.

Quen coida a colonia lévao no móbil: ficha, avisa e amosa o seu carné. Sen instalar nada.

Colonias felinas e Lei 7/2023 para concellos

Administración pública

Para concellos e xestión municipal

Os informes que hai que presentar deixan de montarse a man, e cada concello consulta o seu cando o necesita.

Se es un concello

O teu concello entra coa súa propia conta e consulta o seu cando queira, sen pedirllo a ninguén nin agardar a que llo manden. Dá igual que o centro o leves ti ou que o xestione unha empresa: a información é túa e vela cando queiras.

  • ✓ Movementos de animais e recollidas de cadáveres do teu concello, con descarga a Excel.
  • ✓ Só o teu concello: non ves os datos dos veciños, nin eles os teus.
  • ✓ Actas de inspección de colonias felinas, co seu informe e o seu seguimento.

Se xestionas varios concellos

Mancomunidades, consorcios e deputacións: un centro que presta servizo a varios concellos e ten que render contas a cada un por separado.

  • ✓ Cada movemento queda imputado ao seu concello: o desagregado xa está feito, non hai que refacelo.
  • ✓ Das de alta ti as contas de cada concello, sen depender de nós.
  • ✓ Se levas máis dun centro, un só acceso para todos.

Os informes oficiais saen feitos

Partes trimestrais de movementos e de actuacións veterinarias, e a memoria do ano, listos para presentar e exportables a Excel. E os prazos legais das 19 comunidades e cidades autónomas xa veñen cargados, así que o sistema sabe en que situación legal está cada ficha sen que ninguén leve o calendario á parte.

Ver os once informes

11
informes, todos a Excel
19
comunidades cos seus prazos

Vés doutro sistema?

Traemos o teu histórico —fichas, movementos e documentos— para que non empeces de cero. Cada caso estúdase á parte e orzaméntase a medida.

Consultar
Conectividade Total

O teu centro, conectado co mundo

Non vendemos webs: damos a conexión. Se o teu concello ou a túa asociación xa ten páxina —ou lla leva unha empresa—, os animais en adopción poden saír alí sós, sen que ninguén os copie a man. E se o que necesita o teu departamento de informática son os datos, tenos en JSON por unha API segura.

* Dispoñible exclusivamente para plans de Xestión de Centros.

1

1. Ti actualizas en Kobijo

Segue traballando coma sempre: sube fichas e engade fotos. Ti decides que animais son públicos e tes o control total en cada momento.

2

2. A API sincroniza

A API detecta os cambios e xera un arquivo de datos (JSON) estandarizado coa información pública.

3

3. Publícase na túa Web

A túa páxina web 'le' estes datos e mostra automaticamente os animais dispoñibles. Se adoptas un en Kobijo, desaparece da web ao instante.

SEN CÓDIGO

Plugin Oficial para WordPress

Usas WordPress? Non necesitas programar nada. Creamos un plugin gratuíto que conecta a túa web con Kobijo en minutos.

Instalación automática (ZIP)
Deseño 100% Adaptable
Filtros por Especie
Galería e Lightbox incluídos
Solicitar Plugin Gratuíto
api/v1/animals/public
{
  "id": "A-2025-001",
  "name": "Luna",
  "species": "Felina",
  "breed": "Europeo Común",
  "birth_date": "2023-05-15",
  "age_calculated": "1 año y 8 meses",
  "status": "En Adopción",
  "ppp": false,
  "health_status": "Sano",
  "photos": [
    "https://kobijo.cloud/img/luna_1.jpg",
    "https://kobijo.cloud/img/luna_2.jpg"
  ]
}
* Exemplo simplificado. A resposta real da API inclúe metadatos técnicos e trazabilidade completa.

Que datos se sincronizan?

Ficha Completa e Multimedia

Nome, especie, raza, sexo, data de nacemento calculada, descrición pública e galería de fotos completa.

Estados en Tempo Real

Só se mostran os animais con estado 'En Adopción' ou 'Acollida'. Os animais adoptados ou falecidos ocúltanse automaticamente.

Integración Universal

Compatible con calquera CMS (WordPress, Joomla, Drupal) ou desenvolvemento a medida. Facilitamos o código de exemplo.

Que inclúe

Un único contorno con todo dentro, sen permanencia e axustado ao que necesita o teu centro.

Ilimitado e a medida

Solución integral Kobijo

Para protectoras, refuxios e concellos. Todo o que necesitas nun único contorno dixital, adaptado ao milímetro ao teu fluxo de traballo.

Infraestrutura flexible

Despregamento On-Premise nos teus servidores ou totalmente xestionado na nosa nube. Ti decides onde viven os teus datos, coa máxima seguridade.

Identidade propia

Marca branca total. Usa o teu propio dominio, logotipo e modelos 100% personalizados para os teus documentos e web.

Analítica avanzada

Mapas de calor interactivos, informes detallados e estatísticas en tempo real de movementos e censo.

Soporte premium

Xestor de conta dedicado, SLA de servizo garantido (99,9%), auditoría de procesos e plan de formación personalizado.

API e estudo de integración incluídos
Consultar orzamento personalizado

Módulo Xestor Multi-Centro

Asociacións, pequenas xestoras e santuarios ou refuxios pequenos

Un só login para controlar varios núcleos zoolóxicos.
Ideal para empresas que xestionan varios centros de protección animal.

Aínda o levas nunha folla de cálculo?

Unha folla de cálculo non leva os prazos por ti, non garda a foto dunha incidencia e non saca o parte trimestral. Kobijo está feito só para isto —centros de protección animal e colonias felinas—, así que non hai nada que adaptar dun programa pensado para outra cousa.

Circuítos curtos

Dar de alta un animal, rexistrar o seu movemento e darlle saída son tres pantallas do sistema, non tres follas que cadrar despois.

Os prazos, ao día sós

Os prazos legais das 19 comunidades e cidades autónomas veñen cargados, e a situación de cada ficha actualízase soa cada noite.

E o parte, feito

O parte trimestral e a memoria do ano saen do sistema, non se montan a noite antes de presentalos.

Sen compromiso

Próbao ti mesmo, hoxe

Temos un contorno de demostración co sistema real funcionando, non un vídeo. Enche o formulario de aquí abaixo e darémosche o acceso ao momento, tamén por correo.

Bórrase e déixase coma novo todas as noites ás 04:00, así que podes remexer sen medo a romper nada.

Quero probalo

Contacta connosco

Queres un orzamento axustado? Cóntanos un pouco máis (opcional)
Que che interesa?